Composición con piano

- INV:
- 456
- Año de creación:
- 1982
- Dimensiones:
- 201 x 201 x 0
- Técnica:
- Óleo/tea
Comentarios
Con elementos que forman parte do seu alfabeto plástico e unha imaxinería propia, sitúa varios personaxes femininos e un neno no interior dunha estancia cun piano e unha gramola cunha grande bucina. As figuras, de costas, de perfil, sentadas ou ergueitas, definidas cunha beleza formal arquetípica apóianse nas cousas que cobren o espacio, evadíndose da anécdota, revestidas dun significado abstracto en xogo con esferas que flotan no interior da estancia, iluminada por unha luz difusa que aloumiña o nu e descobre as calidades das teas, o metal e a madeira, acadando a emoción do espacio pictórico cun acorde de brancos, amarelos, marróns e avermellados. A figura que ocupa o centro da composición convértese nun prototipo que Quesada vai repetir noutras composicións.Bibliografía
F. Pablos "Tradición e vangarda" no catálogo da exposición"Entre a tradición e a modernidade"
Exposiciones
"Artistas gallegos en la colección C.A.M.V. II", do 8 de abril ó 7 de maio de 1987, na sala de exposicións do centro Cultural; "Artistas Gallegos en la colección Caixavigo" itinerante, Museo M. de Ourense, Museo do Pobo Galego, Santiago, e Kiosko Alfonso, A Coruña, novembro e decembro de 1988, e xaneiro e febreiro de 1989, "Artistas Gallegos na Colecçâo Caixavigo", do 29 de xuño ó 13 de xullo de 1989, Casa D. Hugo, Porto; "Arte Galega na colección Caixavigo S.XX", do 29 de abril ó 24 de maio de 1992, no Auditorio de Galicia, Santiago; "Acisclo, Quessada" do 28 de xuño ó 1 de decembro de 1993, Parlamento de Galicia. "Entre a tradición e a modernidade" no Centro Cultural Caixavigo, outubro, 1996.
"Xaime Quessada". Centro Cultural Caixanova e Casa das Artes.Vigo. Do 24 de xaneiro ao 24 de febreiro de 2002.