Comentarios
Como homenaxe a Velázquez, reinterpreta unha personaxe da Historia da Pintura, o príncipe Baltasar Carlos. O rapaz, de pé, vestido con traxe de corte, suxeita a escopeta de caza polo canón, apoiando a culata no chan ao lado do can que xace a carón seu, deitado sobre o enlousado da habitación que se abre á paisaxe a través do balcón do fondo. Coordina a pintora a simple elegancia dunha "postura" co seu peculiar estilo, xogando con efectismos luminosos e ópticos.
Bibliografía
F. Pablos "Tradición e vangarda" no catálogo da exposición "Entre a tradición e a modernidade" reproducido co nº 44.
Exposiciones
"Artistas Gallegos en la colección C.A.M.V.(II)", do 8 de abril ao 7 de maio de 1987, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo; "Artistas Gallegos en la Colección Caixavigo", itinerante, Museo M. de Ourense, Museo do Pobo Galego, Santiago, e Kiosko Alfonso, A Coruña, novembro e decembro de 1988 e xaneiro e febreiro de 1989. "Entre a tradición e a modernidade" no Centro Cultural Caixavigo,outubro, 1996.