Comentarios
Figuras e formas articúlanse na paisaxe cun deseño que responde á cosmogonía do pintor. A luz produce reflexos sobre a superficie brillante da táboa, realzando con sombras o debuxo que adquire corporeidade con predominio de liñas sinuosas e formas ovoides, que flotan no espacio encerrando unha idea de movemento e oscilación entre o abstracto e o vital.