Comentarios
Transcribe con notable exactitude o magnífico edificio, obra do arquitecto A. Palacios. O pintor adopta unha perspectiva angular que realza a monumentalidade da construcción que se recorta grandiosa contra o ceo entre as rúas Reconquista e Darío Álvarez Blázquez. O debuxo, perfecto, reproduce os detalles arquitectónicos que realza o contraste do branco e o negro cun leve sombreado.