Cencerrada

- INV:
- 486
- Año de creación:
- 1950
- Dimensiones:
- 130 x 100 x 0
- Técnica:
- Óleo/Tea
Comentarios
As claves desta composición son as da propia arte de Laxeiro, debuxo vigoroso, intensidade expresiva e unha técnica propia e inconfundible coa que resalta as actitudes e expresións máis significativas dos tipos populares, que desfilan ó anoitecer para face-la chocallada. Sobre as cabezas do grupo recórtanse, a contraluz, un grande boneco e unha xigantesca careta cun misterioso significado, tráxico e cómico á vez.
Destaca o brillante colorido, verde, vermello, rosa e branco das teas, sobre un fondo de ocres e pardos.
Exposiciones
"Artistas Gallegos en la Colección de la Caja de Ahorros Municipal de Vigo", na Sala de Exposicións do Centro Cultural de dita Entidade, do 5 ó 28 de setembro de 1986; "Laxeiro", Antolóxica. Homenaxe, do 25 de abril o 23 de xuño 1996 en CGAC Santiago. Do 18 o 29 de xaneiro, en Vigo, Confederación de Empresarios de Pontevedra.
"Laxeiro" do 25 de abril ao 7 de xullo de 1996 nol Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela.
"Laxeiro e amigos na Colección Caixanova". Museo Ramón María Aller de Lalín, do 8 de febreiro ao 9 de marzo de 2008.
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.
Laxeiro". Centro Cultural Conde Duque de Madrid. Do 5 de decembro de 1996 ao 16 de xaneiro de 1997.
"Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane. Procesos de creación artística e identidade nacional". Do 5 de outubro ao 10 de decembro de 2006. Fundación Luis Seoane, A Coruña.
"Laxeiro, la lógica de lo irracional. Imágenes para un siglo convulso" Fundación Pedro Barrié de la Maza. A Coruña. Do 27 marzo ao 1 xuño 2008.