Comentarios
Trátase da perspectiva da rúa Policarpo Sanz, unha das vías máis emblemáticas da cidade, co edificio de Caixavigo ó fondo, no cruce con Colón e García Barbón; pinceladas curtas, soltas, matéricas danlles forma sintética ós volumes das casas que bordean a rúa, subliñando a profundidade da composición coa dirección das pinceladas. Plasma a calidade da luz cun rexistro de axuis, grises e marelos, e fai someras alusións á vida da cidade con transeuntes e un autobús, destacando as famosas laranxeiras e camelias que adornan a rúa.
Exposiciones
"8º Exposición Plástica Gallega S.XX", nas salas de exposicións Caixavigo, 1980; "Artistas Gallegos na colección C.A.M.V", do 5 ó 28 de setembro de 1986 na Sala de Exposicións do centro cultural; "A paisaxe Galega na colección Caixavigo", do 3 ó 15 de agosto de 1993, Casa da Cultura Riveira.
Reproducciones
"Plástica Gallega" páx. 237.