Comentarios
Sentado, de fronte, nunha rebuscada postura dobra o brazo esquerdo por detrás da cadeira e cruza o dereito por diante do peito entrelazando as mans que apoia sobre o respaldo. O debuxo, executado con soltura, concéntrase na fisonomía do retratado, xogando con liñas sinxelas e sombras precisas que no cabelo se transforman en manchas de gran calidade, coas que subliña a caracterización do personaxe.
Exposiciones
"Artistas Gallegos en la Colección C.A.M.V.", do 5 ao 28 de setembro de 1986; "Arturo Souto", Antológica, do 31 de maio ao 30 de xuño de 1988, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo.