Comentarios
Unha moza, elegantemente vestida, sentada sobre a varanda da entrada dunha casa, mira con expresión soñadora cara ó infinito, ao lado dun rapaz que se apoia no pasamáns, enfeitizado con flores na cabeza; arbustos e mais hedras completan a escena. A arquitectura, a vestimenta e o maxicismo das formas vexetais crean o ambiente dunha pintura nostálxica que, máis ca lembrar, agoira un estado de ánimo cunha carga sentimental e romántica.
Exposiciones
"Artistas Gallegos en la colección C.A.M.V.", do 5 ao 28 de setembro de 1986, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo.