Comentarios
O pintor reitera o motivo cunha serie de variacións, conseguindo que o tema nunca quede esgotado. Dous gaiteiros acompañados de tambor cruzan de arriba a abaixo a superficie da tea. As figuras, esquemáticas, móvense ó ritmo de pinceladas longas, de trazo ancho, que impoñen as formas con líñas elementais que son a base dunha expresiva linguaxe plástica. A sensación da cor precede á do contorno na retina, sendo o azul e o marelo ó lado do negro, as súas cores preferidas.
Bibliografía
F. Pablos "Tradición e vangarda" no catálogo da exposición
"Entre a tradición e a modernidade" reproducido co nº 45.
Exposiciones
"Entre a tradición e a modernidade" no Centro Cultural Caixavigo,
outubro, 1996.