Comentarios
Tres instrumentistas e dúas mulleres núas constitúen un grupo enmarcado nunha viñeta cuns bordos que desbordan algúns corpos. O pintor crea un ambiente evocando os burdeis de Nova Orleáns, con cores azuis, vermellas e grises que plasman as notas dunha desgarrada melodía.