Comentarios
Figura feminina sentada, ladeada á esquerda coa cabeza dobrada sobre o ombro en actitude soñadora, abandonada, coma nun dormevela. Na parte superior do papel aparece unha cabeza de perfil. O debuxo posúe a naturalidade do apunte directo e rápido.