Mosteiro

- INV:
- 65
- Año de creación:
- 1970
- Dimensiones:
- 81 x 101 x 0
- Técnica:
- Óleo/tea
Comentarios
Describe un lugar determinado, ordenando perfectamente a tea, cun encadre que non deixa ve-lo horizonte da paisaxe. Capta a luz e a cor, sen descoida-lo debuxo. Pequenas casas de aldea envoltas en verdes e cadmios, con toques rosas, contrastan co acendido amarelo das árbores. A estrada que cruza a tea na súa parte inferior é o único punto de fuxida da paisaxe.Emprega pinceladas curtas nas follas das árbores e longos restregóns de pasta para defini-la estructura da composición.
Exposiciones
"González Prieto", Antolóxica, do 25 do xuño ó 20 de xullo de 1985.Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo; "Artistas Gallegos en la Colección de C.A.M.V.", do 5 ó 28 de setembro de 1986, Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo, "Artistas Gallegos en la Colección Caixavigo", itinerante, Museo M.de Ourense, Museo do Pobo Galego, Santiago, e Kiosko Alfonso, A Coruña, en nov. e dec. de 1988 e xaneiro de 1989, Artistas Galegos na Colecçâo Caixavigo". Casa D. Hugo, Porto, de 18 de xuño ó 13 de xullo de 1989.
"Bienal de pintores lucenses". Museo Provincial de Lugo, do16 de outubro ao 8 de novembro 1998.