La presencia del otoño en América del Sur

- INV:
- 659
- Año de creación:
- 1957
- Dimensiones:
- 91 x 76 x 0
- Técnica:
- Óleo/tea
Comentarios
No primeiro termo aparece no centro unha árbore espida no interior da cal circula unha solución acuosa, chorreante, que transforma a súa seca cortiza en formas humanas, ollos, boca, brazos; a un e outro lado da árbore, organismos vivos de contextura branda, cambiante; sobre o chan, pequenos corpúsculos e finas liñas que se repiten no fondo da composición, describindo ondas, de intenso azul, que invaden toda a tea; na parte superior, o corpo flexible e espiñoso dunha estrela de mar en pleno proceso rexenerativo. O contido temático despréndese do título, evocando o significado máxico da auga como creadora de vida. Excelente debuxante, describe, con técnica minuciosa, os detalles, creando un ambiente de gran beleza plástica.
Exposiciones
"Eugenio Granell", Antolóxica, do 3 de abril ao 13 de maio de 1987, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo; "Artistas Gallegos en la Colección Caixavigo" itinerante, Museo M. de Ourense, Museo do Pobo Galego, e Kiosko Alfonso, novembro e decembro de 1988 e xaneiro de 1989; "Artistas Galegos na Colecçâo Caixavigo", Casa D. Hugo, Porto, do 29 de xuño ao 13 de xullo de 1989; "La Pintura en las Cajas de Ahorros Confederadas", organizada pola Autonomía canaria ("Arte Galega na Colección Caixavigo, S. XX", do 29 de abril ao 24 de maio de 1992, Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela; "Do Romanticismo ós anos vinte" maio-xuño 1996, Centro Cultural Caixavigo.
"Galicia Exterior". Casa das Artes. Vigo. Xullo-outubro,1997.
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.
Reproducciones
"Eugenio Granell" nº4 da serie "Grandes artistas Galegos", catálogo da antolóxica, Vigo, 1987. "Artistas Gallegos en la Colección Caixavigo", catálogo da exposición, Vigo, 1988. "Artistas Galegos na Colecçâo Caixavigo", catálogo da exposición, Vigo 1989; "Arte Galega na Colección Caixavigo, S.XX", catálogo da exposición, Vigo 1992; "La pintura en las Cajas de Ahorros Confederadas", publicado por C.G.B.A., co nº 54 do catálogo; "Do Romanticismo ós anos vinte", catálogo da exposición, reproducido co nº 64.