Comentarios
O encadre das dúas cabezas na parte inferior, deixando o resto do espacio vacío, é característico de Pérez Bellas. Con impecable execución concéntrase na caracterización dos personaxes, el con gorro e pano ó pescozo, ela con vestido de escote en pico. A parella, cunha grave dignidade nos seus rostros, destaca sobre un fondo de entoacións moradas e verdosas que reflecten as cores da súa indumentaria. Un suave sombreado modela as formas, que adquiren calidade plástica cun fondo de lirismo.
Exposiciones
"Artistas Gallegos en la Colección Caixavigo" itinerante, Museo do Pobo Galego, Santiago, Kiosko Alfonso, A Coruña, e Museo M. de Ourense, en novembro e decembro de 1988, e xaneiro e febreiro de 1989; "Artistas Galegos na colecçâo Caixavigo", do 29 de xuño ó 13 de xullo de 1989, Casa D. Hugo, Porto.