Fiesta

- INV:
- 668
- Año de creación:
- 1948
- Dimensiones:
- 55 x 80 x 0
- Técnica:
- Óleo/táboa
Comentarios
A festa é un acontecemento típico de Galicia, que se celebra o día do Santo, ó que está dedicado un santuario determinado. Comeza cando a imaxe votiva sae do templo e se inicia a procesión. Ese momento sinaláse botando un foguete que explota no aire e se completa con música, baile e comida. Con este tema configúrase a composición, dividida en dúas partes polas árbores do primeiro termo, á dereita, a igrexa, a casa nobre e as montañas á esquerda, o camiño que conduce ó santuario, a chaira na que se celebra a festa e o mar. Pequenas figuras, executadas con verdadeiro primor, protagonizan detalles encantadores, coma a muller que vende vaixelas de barro ou a parella que espera a sorte do paxariño na explanada. A apariencia irreal e decorativa da vexetación proporcionándolle un gran atractivo ó conxunto que se completa con harmonía de verdes, azuis e ocres, que xogan cos brancos, negros e chispazos vermellos.
Exposiciones
"Artistas Gallegos en la Colección Caixavigo", itinerante, Museo M. de Ourense, Museo do Pobo Galego, Santiago, e Kiosko Alfonso, A Coruña, en nov. e dec. de 1988 e xaneiro de 1989; "Lugrís", Antolóxica, homenaxe organizado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, A Coruña, 1989; "Arte Galega na Colección Caixavigo, S. XX.", Auditorio de Galicia, do 29 de abril ó 24 de maio de 1992; "Do Romanticismo ós anos vinte" maio-xuño 1996, Centro Cultural Caixavigo.
"Urbano Lugrís". Círculo de Bellas Artes, Madrid.11 de setembro ao 12 de outubro 1997.
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.
Reproducciones
"Artistas Gallegos en la Colección Caixavigo; Catálogo da Exposición, Vigo 1988; "Lugrís". Catálogo da Antoloxíca, homenaxe, A Coruña, 1989, páx. 99; "Arte Galega na Colección Caixavigo, S. XX.",Catálogo da Exposición, Vigo 1992; "Do Romanticismo ós anos vinte", catálogo da exposición, reproducido co nº 59