Comentarios
A modelo aparece espida, sentada de fronte e ó seu lado o artista está vestido, cuberto cun sombreiro, tomando apuntes, na praia. A parte superior do cadro ocupa unha grande masa de nubes, construídas con liñas curvas que aprisionan rostros e figuras en distintas posicións, cunha linguaxe vehemente e impetuosa, que traduce as audaces visións do artista, con connotacións surrealistas, armazón básico da meirande parte das obras do pintor.