Comentarios
Con destreza e dominio, deseña, directamente sobre o papel, a figura dunha muller núa , con melena, ladeada á dereita, á que observan rostros de tres vellos, situados en distintas posicións, nunha atrevida composición. O expresionismo da escena, construída con formas inacabadas e trazos imprecisos, encerra un profundo contido anímico de grande tensión, que se ve exacerbada polas manchas azuis e rosas e o logrado efecto de zarrapicadas e mesturas.