Esperando

- INV:
- 696
- Año de creación:
- 1938
- Dimensiones:
- 53 x 68 x 0
- Técnica:
- Acuarela/papel
Comentarios
Dúas mulleres aparecen sentadas no interior dunha habitación, unha coa cara de fronte e a mirada dirixida ao espectador, e a outra, coa cabeza levantada, de perfil, e a mirada cara ao interior da estancia. As dúas figuras parecen estrañas entre si, sen máis relación entre elas cá de estar xuntas, esperando.Sobre o tocador do fondo, unha serie de obxectos definen o ambiente do cuarto, unha perruca, un antiface, botellas de perfume, etc. Con manchas ocres, encarnadas e negras, crea un entramado de reflexos característicos por toda a superficie da papel. A seguridade e soltura de execución evidencian a sensibilidade do pintor no emprego da acuarela.