Atardecer

- INV:
- 705
- Año de creación:
- 1960
- Dimensiones:
- 50 x 60 x 0
- Técnica:
- Óleo/tea
Comentarios
Paisaxe ben construída, de factura realista con absoluto respecto para a natureza que ve. Desde unha estreita franxa de mar, no ángulo inferior de tea, sucédense unha serie de planos cara ó horizonte, flanqueado, á esquerda, por unha gran arboreda que se recorta sobre o ceo. A luz do solpor, suave, sen estridencias, imprime, certo lirismo á composición. A execución é de excelente calidade no ceo.