El peregrino

- INV:
- 732
- Año de creación:
- 1985
- Dimensiones:
- 150 x 161 x 0
- Técnica:
- Óleo/tea
Comentarios
A figura do peregrino, de fronte, co capidengue e o gorro, imponse en primeiro termo encol do bordo da tea. Ó fondo, sobre unha paisaxe de mar, érguense, verticais, cara ó ceo, as torres da catedral. Cunchas, buguinas e unha árbore irreal completan a escenografía dunha tersa cadencia e semellan fundirse o ceo e a terra. Á maxia, que de por si encerra o personaxe, únese a visión fantasmal que o artista nos ofrece con vagas lembranzas dos maniquís metafísicos de Chirico, em harmonía con ocres, marelos azuis e verdes.
Bibliografía
F. Pablos "Tradición e vangarda" no catálogo da exposición
"Entre a tradición e a modernidade"
Exposiciones
"Artistas galegos na Colecçâo Caixavigo", do 29 de xuño ó 13 de xullo de 1989; "Arte galega na colección Caixavigo S.XX", do 29 de abril ó 24 de maio de 1992, no Auditorio de Galicia, Santiago. "Entre a tradición e a modernidade" no Centro Cultural Caixavigo, outubro, 1996.
"Urbano Lugrís Vadillo" do 19 de xullo ó 9 de setembro de 2001 no Colexio Fonseca de Santiago de Compostela.
Reproducciones
"Arte galega na colección Caixavigo S.XX", catálogo co nº 52. "Entre a tradición e a modernidade" catálogo da exposición co nº 51.