O home da cunca

- INV:
- 733
- Año de creación:
- 1950
- Dimensiones:
- 85 x 81 x 0
- Técnica:
- Óleo/tea
Comentarios
De medio corpo, ladeado cara á esquerda, cuberto con sombreiro, ten unha taza chea de viño na man dereita. O personaxe destaca sobre un fondo neutro de marróns e pardos, que se aclaran en torno da figura, iluminada por unha luz que actúa sobre as carnacións e resalta o branco da taza e a camisa. Da composición emana un trasfondo de dozura que se concentra nos ollos, de mirada cálida, que reaccionan expresivamente a calquera cambio de punto de vista do espectador.Exposiciones
"Artistas gallegos en la colección Caixavigo", itinerante, Museo do Pobo Galego, Kiosko Alfonso, M. Municipal de Ourense, novembro e decembro de 1988, xaneiro e febreiro de 1989; "Arte Galega na colección Caixavigo, S.XX" do 29 de abril ó 24 de maio de 1992, no Auditorio de Galicia, Santiago; "Do Romanticismo ós anos vinte" maio-xuño 1996, Centro Cultural Caixavigo.
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.
"Laxeiro e amigos na Colección Caixanova". Museo Ramón María Aller de Lalín, do 8 de febreiro ao 9 de marzo de 2008.