Comentarios
Dúas figuras de medio corpo converxen no mesmo tronco, encerrando un espacio angular onde o vértice se apoia nunha grande masa pictórica negra sobre a que resaltan unha tesoira e un coitelo. A levedade das figuras equilíbrase co desgarro matérico en sabio diálogo co esquematismo do debuxo, conxugando o expresionismo característico do artista cunha carga simbólica e unha poética concepción do espacio.
Exposiciones
"Arte galega na Colección Caixavigo S.XX" do 20 de abril ó 24 de maio, no Auditorio de Galicia, Santiago.
Reproducciones
"Arte galega na Colección Caixavigo S.XX". Catálogo da exposición co nº 31.