Pasando o tempo no peirao

- INV:
- 857
- Año de creación:
- 1986
- Dimensiones:
- 86 x 127 x 0
- Técnica:
- Mixta/táboa
Comentarios
O artista xoga coas formas xeométricas e os materiais da arquitectura portuaria, opoñendo a escalinata e as pedras de cantería ó ferro dos amarres e ó formigón do espigón. Un homiño e un can, sentados no peirao, son personaxes que se incorporan ó cadro, coma as esquinas e as tiras metálicas que bordean a obra reforzando a súa condición de espacio finito. Compaxina a beleza e o poder expresivo da materia con elementos reais e unha poética persoal de símbolos, que son a clave dunha lírica inquedante da que forma parte a espiral como unha constante nas súa obras. O cadro no seu conxunto excede o ámbito da pintura.Exposiciones
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.