Comentarios
A composición estructúrase con amplo ceo, horizonte baixo, e unha liña serpenteante que define o movemento lento que describe a caravana, atravesando unha paisaxe de inverno, nevado. Cabalos, carruaxes e persoas, en actitudes diversas,son descritos con trazo firme e un sombreado que se desdebuxa e despois se revitaliza con sabio uso do lapis.