Comentarios
Unha grande árbore domina a ladeira dunha loma na que se asenta una cabana de madeira e dúas casas de aldea; ó fondo árbores cunhas formas que se velan, subliñando a profundidade da paisaxe, que se completa con tres figuriñas de porte popular. A técnica, fluída, adáptase ó debuxo, disciplinado, dándolle dunha firme estructura sobre a que o artista expresa a súa propia visión da natureza articulando luces e sombras evocadoras, dotando á árbore dun ritmo cheo de suxerencias, con grande atractivo.