Comentarios
Cunha linguaxe pictórica libre de asociacións representaticas, entre impulsos automáticos e estratexias de control, plasma manchas, xestos e formas que emerxen como unha grafía, procurando unha nova realidade dentro dun ambiente de intenso lirismo no que conflúen o azar, as ideas e un compoñente lúdico. Masas de luminosos marelos vibran o carón de brancos, negros, azuis e verdes, aplicadas cunha execución espontánea seguindo o ritmo marcado por unha forma , o triángulo, que se repite outorgándolle dinamismo á composición.
Exposiciones
"Arte Galega na Colección Caixavigo, S. XX", do 29 de abril ó 24 de maio de 1992, no Auditorio de Galicia, Santiago.
Reproducciones
"Arte Galega na Colección Caixavigo, S. XX", catálogo co nº 59.