Comentarios
Os tons escuros e a factura mesta do primeiro término reforzan a impresión de proximidade e subliñan a distancia co fondo luminoso. Entre estas franxas, de distinto colorido, recórtase a figura da moza, vestida cun traxe típico, mirando cara ó mar nunha postura rebuscada, que lle permite ó artista facer alarde de seu coñecemento das formas e do dominio da calidade das teas, veludo, raso e encaixe, que detalla cun debuxo minucioso. O cesto e o paraugas, postos encol das herbas do primeiro término, teñen un candor extraordinario. Dominan os verdes, os pardos e os negros con chispazos vermellos, en primeiro termo, e azuis e marelos no fondo.
Bibliografía
Rosa E. Caamaño, "Serafín Avendaño", páx. 92, Vigo 1991.
Exposiciones
" Antológica de Serafín Avendaño en el 75 aniversario de su muerte", no Centro Cultural Caixavigo, 1991
Reproducciones
En "Serafín Avendaño", Rosa E. Caamaño, co nº 20 do Catálogo, Vigo 1991.