CABEZA DE MUJER

- INV:
- 9017
- Dimensiones:
- 71 x 44 x 42
- Técnica:
- FERRO FORXADO 30 K
Comentarios
A cabeza, apoiada nun alto e esvelto colo, inclínase cara a adiante, subliñando a liña continua do seu perfil curvilíneo, que encerra o contorno da cabeza nunha forma oval, sen máis prominencias que o nariz e o cabelo engadido en chapa sobreposta. A recta e a curva son os elementos constitutivos do retrato, anónimo, de sintética figuración, definido cunha rotundidade rítmica de acento lírico. Acúsase o recordo de Julio González, pioneiro xunto a Gargallo na revalorización do ferro como materia escultórica.