Comentarios
A xove campesiña, de esbelta figura, érguese de pé sobre unha estreita base que forma parte da escultura. O seu corpo arquéase levemente para contrarresta-lo peso do neno que sostén no colo. A luz actúa sobre a superficie lisa do bronce, realzando o elegante perfil da súa silueta e transmitíndolle á escultura un contido espiritual.