Comentarios
As dúas figuras, unidas no mesmo bloque, foron reducidas ó esencial nunha peza na que predomina o macizo e o sentido curvilíneo e cerrado dos volumes. As vetas da pedra configuran os rostros e realzan os pregamentos das teas nun conxunto estilizado, de formas suaves e textura puída que alterna con pequenas zonas onde loce o picado rugoso da pedra nun conxunto escultórico impregnado de lirismo.