Comentarios
É unha escultura de vulto redondo, construída para ser vista de fronte. As súas formas, depuradas, de límpido modelado, presentan un contorno macizo, cerrado. A figura da nai, sentada, bota os brazos cara adiante para acubillar ó neno. A roupa oculta o seu corpo pero a súa estructura pódese intuír no bloque pechado da obra imbuída de contido espiritual.