Comentarios
A escultura levántase sobre unha pequena base cadrada co esquema vertical da figura humana que se transforma nunha enigmática estructura. O seu corpo, fusiforme, ábrese en dúas pernas e estréitase no colo do que parte a cabeza que se desprega no espacio cun bordo dentado, como unha cresta. A esvelta figura, concibida como un corpo circundable, delimita o espacio con formas cóncavas e convexas sobre as que actúa a luz dando á escultura unha dimensión metafísica. O artista valora a textura da chapa na que afloran as pisadas da execución da obra, froito da súa fantasía.
Exposiciones
Do 6 de xullo ó 27 de agosto de 1995 na Cámara Municipal de Vila Franca de Xira.