Comentarios
A figura flúe, coma unha chama, nun xogo ascendente de curvas sobre as que a luz esvara fundindo os dous corpos que se abrazan. A contención formal, o modelado fluído e tenro, e o exquisito acabado da superficie, que despoxa á escultura de aparencias fortuítas, sitúaa no camiño aberto por Brancusi.