Comentarios
Forma parte dunha serie de catro pezas, adicada a “Las Meninas” de Velázquez. Á vez que realizaba esta serie non deixou de traballar noutros proxectos como o de “Forzas Unidas” que comezara a mediados dos 80, e non interrompeu nunca, explorando sempre o mundo da figuración. A Menina está executada en madeira de carballo polo procedemento de talla directa. Nela compaxínanse, de forma coherente, as formas redondeadas e suaves do feminino co bloque xeométrico que constitúe o corpo da figura no que o volume se realzase ao colocalo sobre a peana, facendo unha glosa do personaxe da Infanta Margarita de Velázquez.
Bibliografía
Pontevedra con Centroamérica" catálogo coa obra reproducida na páx. 53. Deputación Provincial de Pontevedra, 1999
Exposiciones
Exposta no Teatro Principal de Pontevedra na poxa a beneficio dos damnificados polo furacán Mitcht, 1999.