Comentarios
Forma parte Miguel Vázquez deses "nómadas" que a nivel mundial se desprazan para elabora-las súas creacións nas fábricas que teñen as fragas e os fornos axeitados para face-las súas pezas. A presente obra realizouna na Real Fábrica de San Ildefonso de La Granja. Traballa a masa de cristal, moldéaa e dálle forma, conseguindo unha expresividade inusual en formas tan pequenas.
Enriquécese o efecto do conxunto con lixeiros cambios entre as dúas pezas, provocados por un desvío, unha ousadía ou unha temeridade que o forno potencia con achegas definitivas.
EXPOSICIÓNS: G. Lepina, Vigo 1999; "IV Foro Atlántico de Arte Contemporáneo", Pontevedra 1999.