Comentarios
A ensamblaxe é un rasgo definidor do traballo deste autor que investiga en diferentes materiais, dos que extrae unha beleza oculta e primitiva.
A forma redondeada é o primeiro elemento que invita ó xogo nesta peza de granito. A esfericidade da pedra é continuada polos tres travesaños de madeira que violentan a súa natureza pétrea e producen unha alteración na superficie brillante e pulida.
A dualidade de materiais, a pedra e a madeira de olmo, permiten a combinación de cores, de texturas, de olores, acadando un resultado final sólido, campacto á vez que fragmentado e cargado de ambigüidades.
A contemplación da obra non é pasiva senón provocadora, séntese a necesidade de levantar os travesaños de madeira, de desentrañar a pedra, de abrila para descubri-los segredos que esconde no seu interior.
EXPOSICIÓNS:
"Francisco Pazos". 1999. Galería Citania, Santiago de Compostela.