TACONES PARA LA JUNGLA

- INV:
- 9267
- Año de creación:
- 2003
- Dimensiones:
- 36 x 80 x 72
- Técnica:
- Forma de zapato de madeira, arame de cobre e láminas de cobre
Comentarios
A muller é o tema de fondo, a súa esencia maniféstase en forma de metonimia, de zapato que substitúe a súa presenza.
O zapato-femia sobrevive na xungla, metáfora da cidade, do caos urbano representado a través dos arames que xorden, enmaráñanse e enrédanse arredor da forma de madeira expandéndose, ampliando o territorio de actuación da proposta.
A peza rompe cos convencionalismos e amósase coma unha imaxe, surrealista, fetichista que alude directamente ás vivencias do espectador. Esixe ser rodeada, contemplada dende múltiples puntos de vista para decidir se debería colgarse, expoñerse no chan ou sobre unha peaña de cristal, coa forma cara a baixo ou cara a arriba. Cada unha destas potenciais situacións abre infinitas posibilidades estéticas e visuais nunha creación viva, cambiante, nun obxecto case imposible. As follas soltas poden adoptar posicións variadas, é factible altera-la súa disposición no espazo co que se introduce o concepto de cambio, de mutabilidade e innovación impensable nunha escultura tradicional.
Exposiciones
“Ana Soler”. 2003. Galería Alameda Vanguardia. Vigo
“De Nova Materia. Escultura Contemporánea na Colección Caixanova” no Centro Social Caixanova Pontevedra, Do 21 febreiro ao 23 marzo 2008..- Centro Cultural Caixanova Vigo. Do 15 maio ao 15 xuño 2008.- Centro Social Caixanova Ourense. Do 16 setembro ao 19 outubro 2008.