Sobre la curiosidad
- INV:
- 9286
- Año de creación:
- 2005
- Dimensiones:
- 246 x 61 x 45
- Técnica:
- Madeira de carballo
Comentarios
Construtivista, minimalista e conceptual á vez, nesta obra de Luis Borrajo podemos observar a simplicidade da peza, esencialmente vertical, austera e xeométrica, sen artimañas nin artificios, onde o material xoga un papel moi importante.
Constrúe un espazo rectangular de táboas de madeira aliñadas que crean unha armazón pechada, unha prisión que non deixa ver o interior e que, a pesar de que mostra unha gran fortaleza, esconde unha inxenua sutileza. Unha obra monumental, aínda cando o seu tamaño é reducido, que conforma unha composición equilibrada e firme.
Unha escultura por completo xeométrica de beleza sintética e gran lirismo que pide un espazo libre para ser contemplada, para chamar a atención e facerse preguntas sobre todo o que é e o que o rodea.
O título Sobre a curiosidade remítenos á busca do autor, ao anhelo de coñecer o que o rodea. Un impulso que o leva a espertar a reflexión do espectador para que observe e se pregunte sobre todo o que ten ao seu arredor.
Exposiciones
Exposición Ourense arte esencial. De Antonio Puga aos nosos días, no Centro Social Caixanova Ourense. Novembro 2005 - xaneiro 2006.
Exposición Espazo Colección Caixanova, no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.
Exposición “De Nova Materia. Escultura Contemporánea na Colección Caixanova” no Centro Social Caixanova Pontevedra, Do 21 febreiro ao 23 marzo 2008..- Centro Cultural Caixanova Vigo. do 15 maio ao 15 xuño 2008.- Centro Social Caixanova Ourense. Do 16 setembro ao 19 outubro 2008.
Reproducciones
Ourense Arte Esencial. De Antonio Puga aos nosos días, páxina 106.