OBRA NORAY

- INV:
- 9303
- Año de creación:
- 1998
- Dimensiones:
- 100 x 77 x 54
- Técnica:
- cerámica
Comentarios
Esta peza de Javier Toubes caracterízase pola fluidez na forma, polas texturas, pola súa superficie brillante.Experiméntase co material, buscando expresividade e sinxeleza. A luz é un elemento envolvente que produce distintos contrastes xerados pola textura da peza, polas súas perforacións. As irregularidades e as rugosidades potencian o acabado que fan resaltar os brillos que se crean coa luz. Ceramista de profesión, o tratamento do material é impecable, conseguindo unha estrutura de enorme forza plástica. Unha imaxe que xorde da natureza e compón o que podería ser un corpo de muller que se está a desenvolver, todo iso sen referencias inmediatas coa realidade. O ritmo no trazado é de aparente simplicidade, pero encerra unha coidada elaboración e un profundo contido emocional.
Exposiciones
Exposición “De Nova Materia. Escultura Contemporánea na Colección Caixanova” no Centro Social Caixanova Pontevedra, Do 21 febreiro ao 23 marzo 2008..- Centro Cultural Caixanova Vigo. do 15 maio ao 15 xuño 2008.- Centro Social Caixanova Ourense. Do 16 setembro ao 19 outubro 2008.