Comentarios
Un gran carballo inclinado sobre a auga nunha paraxe boscosa, pintado con soltura, recreándose o artista en matices e calidades plásticas, cunha sinfonía de verdes, pardos, ocres, alaranxados e vermellos que reverberan reflectendo luces, impregnando a paisaxe de certo lirismo cun acento romántico.