Casa en verde

- INV:
- 957
- Año de creación:
- 1993
- Dimensiones:
- 70 x 50 x 0
- Técnica:
- Mixta/papel
Comentarios
Inspírase nunha casa real situada en Poio e fai dela catro versións, ambientándoas coas luces das catro estacións do ano.Dúas das obras, Primavera e Otoño, forman parte da colección. Nunha, luminosos marelos impregnan de luz a atmosfera de paz e acougo que domina a composición. Na outra, negros e verdes móvense ó compás da estructura do edificio que, coma se o abanease un forte vento, se desequilibra e perde a súa estabilidade, creando un ambiente de inquedanza no cadro.
Unha trama lineal delimita os planos da casa, modulada con pinceladas que realzan o seu volume sobre o fondo, ó que o pintor lle dá un tratamento diferente. Cunha linguaxe de filiación cubista simultanea distintas partes do edificio, combinando os planos de tal xeito que a arquitectura semella executar unha danza na que as fiestras, as escaleiras e mailas portas se volven os rasgos dunha cara, que, a súa vez, se transforma nunha casa que troca de apariencia coa luz. Na configuración da obra atopamos certas semellanzas con "La casa de la esquina", de Ludwig Meidner.
M.L.I.J.
Bibliografía
Miguel Fernández-Cid "A casa de Poio" no catálogo "10 críticos, 10 artistas", páx. 56Exposiciones
"10 críticos, 10 artistas, As imaxes e as palabras", outubro-novembro de 1993, Estación Marítima, Vigo.
"Manuel Moldes". Centro Galego de Arte Contemporánea. Santiago de Compostela. Do 1 de xullo ao 30 de setembro de 2003.
"Manuel Moldes. Tempos de pintura". Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 29 de novembro ao 10 de xaneiro de 2006.