Comentarios
Temos un conxunto ordenado e coordinado esteticamente con flexibles ondulacións deseñadas a todo o ancho da tea, producindo un leve movemento no cadro. Pinceladas curtas e separadas forman e deforman a paisaxe, converténdoa nunha unidade pictórica dentro dun espacio colorístico en harmonía de brancos, marelos, verdes, azuis e rosas.