PIKIBLINDER

- INV:
- 5341
- Dimensiones:
- 80 x 60
- Técnica:
- Tinta, acuarela e gouache sobre papel
Comentarios
Estudei os cadros na procura daquelas cousas que din que eu tamén quixera dicir. Faláronme de pintura e cómic como unha mesma cousa, entregándome as súas personaxes e os seus espazos con total confianza. O Molido de Leiro con viseira humana pediu ser o camiñante que leva os materiais. Dende o cerne da colección, outros ergueron o pé: Lugrís, Maruja, Laxeiro, Castelao, Sobrino, Xulia e outros máis. O sol pegaba forte nos ollos e o espíritu da viseira saltaba de corpo en corpo cara a desaparición. So quería desaparecer. E cando xa se sabe o que se quere, resta compoñer as páxinas nas que darlle ao conto, cos debuxos e as letras definitivas, outra oportunidade. E, despois, a cor azul, Pikiblinder.
Jacobo F. S.
Exposiciones
«A Arte no Cómic», Sede Afundación Coruña, 22/09/2017 – 06/01/2018.