
Afundación combina a aprendizaxe do inglés na súa programación escolar coa representación en Lugo de 'Derailed'
Afundación, a Obra Social de ABANCA, presentará no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, o día 8 de xaneiro, en dúas funcións ás 10.00 e ás 12.00 h, a obra de teatro para escolares en inglés Derailed, de Face 2Face Company, e dirixida a público desde 1.º ata 4.º da ESO. Asistirán un total de 710 estudantes procedentes de 10 centros escolares.
O teatro participativo será a ferramenta máis útil, práctica e divertida para aprender o inglés. Na obra Derailed perpetrouse un misterioso asasinato, e o torpe inspector Cluelez foi designado para desentrañar ao culpable nesta extravagante versión da novela de Agatha Christie, Asasinato no Expreso de Oriente. O vagón está cheo de personaxes excéntricos (afortunados membros do público), todos igualmente sospeitosos. Poderá o inspector atopar ao culpable ou terminará os seus días tendido sobre as vías do tren?
As artes escénicas teñen unha especial relevancia dentro da programación para escolares que deseña cada curso o equipo da área educativa de Afundación co obxectivo de reforzar a formación que os estudantes reciben nas aulas. A programación está deseñada para promover unha educación en valores e competencias transversais potenciando o talento, a autonomía, a solidariedade, a creatividade, a autoestima ou o traballo en equipo. Neste sentido, as artes escénicas están consideradas como unha das ferramentas educativas máis útiles para estimular a capacidade de observación dos estudantes, posibilitar o diálogo e a reflexión, e desenvolver habilidades sociais.