

As espazosas salas situadas nos andares superiores dan cabida a todo tipo de actividades que requiran de espazos diáfanos e unha contorna clásica e elegante, así como dunha adecuada dotación técnica. Aínda que están dedicadas principalmente a exposicións, estas salas poden albergar con vantaxe outro tipo de eventos, como recepcións ou presentacións.
Cómpre destacar de xeito particular a Sala de Economía Valentín Paz Andrade, que equipamos especialmente para a realización de actividades formativas.