EVA CARRERA
Carrera Ramírez, Eva
( Madrid, 1970 )
Biografía
Cursou a carreira superior de Belas Artes na facultade da Universidade complutense de Madrid, antiga Escola de San Fernando. Posteriormente realizou un curso de pintura no Fine Arts Museum de Boston, Estados Unidos. Comezou a expoñer individualmente en locais da Coruña e Vigo, en 1993 e 1994. Posteriormente fíxoo noutras cidades de Galicia, con bastante asiduidade. Participou en mostras colectivas itinerantes por España e Portugal, como a Red de Arte Joven de Madrid e o Foro Atlántico. Iniciouse nun expresionismo moi vitalista, influído pola pintura alemana e francesa, acudindo a temas folclóricos que trascendían nas súas sínteses de bo debuxante e colorismo nato, aínda que sen separarse por completo da anécdota. Máis tarde atopa un camiño máis persoal, absolutamente oposto ó precedente, no que cousas comúns se reiteran en series de presencia escueta, case radiográfica, simbolizadas e invitadoras a unha lectura por completo allea á mera narración. Eva Carrera está moi dotada, posúe sensibilidade e excelente oficio, e pese á deliberada denudez á que somete os seus asuntos, termina por quedar explícita nos seus cadros, de paleta moi sobria, xogando con dous tons, verdes e marelos, e unha pericia artesanal que individualiza canto leva a súa firma. O seu actual camiño permite esperar desta artista logros moi notables.
Bibliografía
PENELAS, S.: Texto en catálogo. Santiago de Compostela, 1997.