La Fiesta

- INV:
- 4087
- Año de creación:
- 2005
- Dimensiones:
- 97 x 195 x 0
- Técnica:
- acrílico e colaxe sobre lenzo
Comentarios
Nesta obra de Eva Carrera apréciase a sensibilidade e un mundo propio cheo de emocións.Boa debuxante cunha paleta colorista, xoga con diferentes tons: azuis, verdes, vermellos, amarelos..., que se mesturan e se traducen nunha pincelada espontánea e expresiva de nenos bailando ao son da música. A pintura tapa ou descobre texto ou obxectos nun afinado xogo de sentimentos. Figuras sen rostro, personaxes individualizados e anónimos, perfectamente delimitados, brincan e danzan a través de xestos e texturas lixeiras.
Importancia da intención plástica. Existe unha hábil relación entre a cor e o debuxo, onde as tonalidades se dispoñen para crear unha materia rica en matices que lle dan un acento lúdico ao cadro.