ANA VALCÁRCEL
Valcárcel, Ana
( Murcia, 1937 )
Biografía
Formouse na Escola de Artes y Oficios e na Facultade de Belas Artes de San Fernando, en Madrid, onde se licenciou en 1982 e fixo posteriormente os cursos de doutoramento.
En 1982 é escollida no concurso da Universidade Complutense e finalista no da Universidade de Alcalá de Henares.
Traballa no Instituto de Restauración da capital de España.
Percorre España coas súas exposicións individuais e leva a súa obra a Alemaña.
Viaxou por Europa e América e fixo moitos retratos, que constituiron unha exposición monográfica na súa cidade natal, ó rematar o ano 2000.
A pintura de Ana Valcárcel é cálida, expresiva, con formas post impresionistas e, aínda máis, fauvistas. Sobre un debuxo seguro constrúe as súas naturezas mortas, rechamantes de cor, abundantes de materia, que amosan o seu excelente dominio do oficio e un claro gusto pola tarefa de dicir con pigmentos ó óleo o que lle suxire a natureza, sexa a paisaxe ou os obxectos nun interior. A pincelada é recta, longa, libre, e así capta ambientes moi gratos. Cezánne está presente nesta pintura arriscada, progresivamente afastada de referencias concretas, ata acadar un emotivo elementelismo de fermosa abstracción.
Bibliografía
VV. AA.: Diccionario de pintores y escultores españoles del siglo xx, Vol. 14, Edit. Forum Artis, Madrid, 1998.
VV.AA.: Ana Valcárcel. Catálogo. Vigo, 1999.