Composición
- INV:
- 1055
- Año de creación:
- 1960
- Dimensiones:
- 91 x 64 x 0
- Técnica:
- Óleo/Tea
Comentarios
Uns brochazos espontáneos cruzan a tea en distintas direccións, deixándose levar pola superficie dun xeito controlado. Destacan os brancos, ó lado dos negros, grises, verdes e marróns. O artista non representa nada; exprésase el mesmo. É unha pintura abstracta que está moi preto das cousas creadas pola natureza; é unha maneira de ser auga, ou pedra; é como un amencer na escuridade ou un raio de luz no abismo. É imposible aplicarlle termos de comparación, simplemente é pintura que foxe de calquera reflexión.
Bibliografía
F. Pablos "Tradición e vangarda" no catálogo da exposición
"Entre a tradición e a modernidade" reproducido co nº 2.
Exposiciones
"Entre a tradición e a modernidade" no Centro Cultural Caixavigo,
outubro, 1996.
"Galicia Exterior". Estación Marítima. Vigo. Xullo-outubro,1997.
"Camiños", do 31 de marzo ó 4 de maio de 1999 na Fundación Díaz Caneja de Palencia, do 14 de maio ó 4 de xullo de 1999 na Casona Águila y de la Parra en Santillana del Mar, do 13 de xullo ó 31 de outubro de 1999 na Sala Parlamento de La Rioja, do 11 de setembro ó 31 de outubro de 1999 no Museo de BB.AA. de A Coruña, e do 13 de novembro de 1999 ó mes de xaneiro de 2000 no Museo Barjola de Gijón.