SIN TITULO

- INV:
- 1078
- Dimensiones:
- 65 x 49 x 0
- Técnica:
- ACUARELA / PAPEL PEGADO A TEA
Comentarios
A composición, característica da súa pintura da época dos sesenta, xoga coa bicromía negra e morada sobre o branco do papel. O pintor concéntrase nas dúas gamas que contrastan sobre o soporte envellecido polo paso do tempo. É a loita entre a luz e a sombra. A súa pintura, segundo el mesmo di "de estilo expresionista e resonancia existencial", allea á toda anécdota, prodúcese de dentro a fóra, da esencia da luz e a cor á obxectivación dunhas manchas e uns xestos. Ao contemplada, xermola unha imaxe que é a consecuencia de algo que está en perpetua xestación, que está a acontecer nas profundidades mesmas do cadro.